Monday 20 de May de 2024

Política Social apoia a Pai Menni con máis de 3 millóns de euros para mellorar a atención das persoas con discapacidade


O Goberno galego financia prazas nos diferentes centros que conta a asociación e, ademais, achega fondos para poñer en marcha programas de inserción laboral e de intervención logopédica

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijñon, visitou hoxe as instalacións de Pai Menni en Betanzos, ás que a Xunta de Galicia achega máis de 3 millóns de euros para financiar 170 prazas nalgún dos seus centros e mellorar a atención á persoas con discapacidade.

Fernando González Abeijón subliñou o compromiso da Xunta de Galicia con mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e tamén das súas familias. Así, puxo en valor estes fondos para financiar prazas públicas tanto na residencia e centro de día de gravemente afectados, na residencia e centro ocupacional e nas catro vivendas tuteladas que xestionan.

Ademais, recordou o director xeral de Persoas con Discapacidade, o Goberno de Galicia puxo á disposición de Pai Menni ao redor de 50.000 euros a través dos fondos do 0,7% do IRPF. Con este financiamento a asociación puido mellorar o equipamento das instalación, así como poñer en marcha un programa de inserción laboral e outro de intervención logopédica.

Por último, Fernando González Abeijón recordou que a Administración autonómica achega este ano unha cifra récord para atención á discapacidade. O Goberno galego destina a este eido 141,7 millóns unha contía que non se acadara antes.